Oira recibe el Campeonato Gallego de Lucha olímpica con más de un centenar de inscritos (Sábado, 10h)
Campionatos Galegos sénior e cadete de Loitas Olímpicas
O pavillón municipal de Oira en Ourense, acollerá este vindeiro sábado 22 de Febreiro, de 10:00 a 14:00 horas, os campionatos Galegos SÉNIOR e CADETE de Loitas Olímpicas.
A Federación Galega de Loita en colaboración co Club de Loita Atila de Ourense, organizarán este campionato Galego con un total de 138 inscricións para as categorías SÉNIOR e CADETE. Este campionato Galego perfilase como un dos mais concorridos dos últimos anos. En total haberá 14 equipos que representan as 4 provincias Galegas neste torneo de máximo nivel autonómico.

A competición desenrolarase en xornada de mañá, dende as 10:00 ata as 14:00 horas, de xeito ininterrompido, sendo a entrada o campionato totalmente gratuíta para os asistentes e curiosos que queiran achegarse.
Este campionato será o primeiro filtro para seleccionar os deportistas que acudirán os campionatos de España representando a Galicia en ambas categorías de idade.
Os seleccionadores Galegos estarán moi pendentes dos resultados dos deportistas para confeccionar as diferentes seleccións Galegas. Cabe destacar o aumento no número de deportistas femininas que compiten nas Loitas Olímpicas, sendo Galicia un referente a nivel nacional nesta modalidade.
Por outra banda o Colexio Galego de Árbitros e Xuíces, que está de noraboa polas últimas convocatorias dos nosos árbitros para participar en eventos internacionais coa selección nacional, dirixirá esta competición que se desenrolará en tres tapices oficiais de 10 x 10 metros.
Por último, agradecer a inestimable colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Ourense, abertos sempre o deporte e que garante que estas competicións podan levarse a cabo.