Ajedrez Destacado Es noticia 

O Xadrez Ourense supera ao reforzado Círculo de Chantada e consolida as súas opcións

Os ourensáns superaron por un amplo 4.5 a 1.5 aos chantadinos, comandados por Hoffman e Paunóvic

LIGA GALEGA DE CLUBS

Disputada a 6ª xornada de liga que tivo lugar o sábado día 21 de febreiro, superamos o ecuador da mesma con agradables noticias para o xadrez provincial ourensán, xa que os clus máis representativos en cada unha das categorías manteñen moitas opción nas súas respectivas divisións.

Xogadores do Xadrez Ourense "B" e o Liceo de Ourense
Xogadores do Xadrez Ourense «B» e o Liceo de Ourense

División de honra

Na máxima categoría, a División de honra, o Club Xadrez Ourense “A” volveu a gañar, esta vez ao Círculo de Chantada reforzado cos Grandes Mestres A. Hoffman e D. Paúnovic, que malia súa presenza nas ringleiras chantadinas non puideron evitar unha nova victoria ourensana. As victorias parciais de Fernando Sánchez (Sobre o Gran Mestre Serbio Dragan Paúnovic), e as de David Gómez, Adrián Gómez e José Saavedra, así como o empate de Jorge Viterbo ante o Gran Mestre arxentino Alejandro Hoffman, sumaron os 4.5 puntos que fan que os ourensáns manteñan certas esperanzas de cara á clasificación final, polo momento encabezada polo Círculo Ferrolán.

Segunda división

Na división de prata, primeira división, novo triunfo do Liceo de Ourense, esta vez a domicilio nun dos derbis provinciais, ante o Xadrez Ourense “B”, por 1-3 que consolida aos liceistas como primeiros clasificados provisionais e candidatos ao ascenso. Pola súa parte, no outro derbi provincial o Xadrez Ourense “C” e Casa da Xuventude remataban nun apretado 1.5 a 2.5 a prol dos visitantes. Pola súa parte a Peña Recreativa colleitaba unha cómoda victoria a domicilio en Cangas por 1-3, mentres que o Universitario de Ourense desfacíase do Ateneo por un rotundo 4-0.

Na segunda división hai que salientar o novo triunfo do Club Xadrez Celanova, esta vez a Domicilio, ante o Xadrez Loureiro de O Couto, por 1-3, resultado que fai que se manteñan en alza as opcións de ascenso dos da vila dos poetas. Pola súa banda o Xadrez Bande caía no seu propio feudo ante o Xadrez Lalín por 1-3, idéntico resultado que obtiña o Xadrez Ourense “D” ante o Círculo de Chantada “B” (1-3).

Tercerira división

Xa en Terceira división cabe mencionar, entre outras, a rotunda victoria do xovencísimo conxunto do Xadrez Ourense “E” ante o Chantada “C” por 4-0.

Noticias relacionadas

One Thought to “O Xadrez Ourense supera ao reforzado Círculo de Chantada e consolida as súas opcións”

Comments are closed.