xadrez sportur galicia 2019 Foto Nacho RegoAjedrez Destacado Es noticia 

O xadrez foi protagonista no Sportur Galicia 2019

Festival de Xadrez “Expourense 2019”

O sábado 16 de Novembro tivo lugar en Expourense a XI edición do tradicional festival de xadrez para xóvenes que leva o nome do recinto de feiras e exposicións de Ourense, e que por segundo ano consecutivo formou parte do programa de actividades de Sportur Galicia, (salón galego do deporte).

Numerosos xadrecistas de entre 5 e 14 anos de idade, representantes de varios clubs da provincia e tamén doutras provincias galegas déronse cita nesta edición 2019, superando con creces o centenar de xóvenes participantes.

xadrez sportur galicia 2019 Foto Nacho Rego

En categoría Sub-8, a máis participativa, hai que salientar a victoria de Antón Lorenzo Mosquera (Club Xadrez Ourense), que con 5.5 puntos foi quén de superar a complicados rivais, como a pontevedresa Noa Freiría que finalmente, rematou subcampiona. (Xadrez Marín).

En categoría Sub-10 o vencedor foi Marcos García Agromayor (Club Xadrez Ourense), que con 5.5 puntos conquistou o título benxamín e cumpliu coa súa condición de favorito inicial.

En Alevíns (Sub-12) os irmáns Diéguez Nóvoa depararon unha intensa batalla polo ouro, e finalmente foi Pura Diéguez Nóvoa (Xadrez Benchoshey) quen con 6 puntos, se proclamou vencedora.

Na categoría Sub-14 (infantiles), Iván Dopazo Vázquez e Laura Gómez Carreño (ambos compañeiros no Club Xadrez Ourense), foron vencedores ex aequo, xa que ambos completaron a misma puntuación (5.5 puntos) e ademais tiveron idénticos os 3 coeficientes de desempate. Finalmente e no medio de gran expectación, fíxose un desempate “olímpico” nunha partida “lóstrego” que decidiu que o trofeo do campión fose parar a mans de Iván e o de subcampión á mans de Laura, si ben ambos repartiron loureiros de triunfadores.

Por Clubs, o Club Deportivo Xadrez Ourense foi o máis galardonado xa que obtivo ata 12 premios de entre os 20 postos de honra, (entre eles 3 ouros), o Benchoshey  conquistou 5 premios (1 ouro), e as seguintes entidades colleitaron 1 podium, Universitario de Ourense, Xadrez Marín de Pontevedra e Inmaculada de Ourense.

Taboa coa clasificación final

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.