Memorial Llamas BadmintonBádminton Destacado Es noticia 

O Memorial José Luis Llamas reune este sábado aos mellores xogadores de bádminton de Galicia

Memorial José Luis Llamas

O pavillón polideportivo da Universidade Laboral acollerá este sábado, 26 de outubro a  primeira edición do Circuíto galego sénior de bádminton – Memorial José Luis Llamas. A partir das 10,00 horas comezarán a desputarse de xeito ininterrompido os partidos nos que participarán uns 70 xogadores, até as 12,00 horas, cando terá lugar o acto no que se descubrirá unha praca que lle dará o nome de José Luis Llamas ao pavillón deportivo.

Memorial Llamas Badminton

Esta mañá tivo lugar no salón de plenos do Concello a presentación do memorial. Nela interviñeron Mario Guede, concelleiro de Deportes do Concello de Ourense; Manuel Alonso, presidente do Club Bádminton Universidade Laboral e Rodrigo Sanjurjo, presidente da Federación Galega de Bádminton.

Noticias relacionadas