Ajedrez Destacado Es noticia 

O Liceo empata con Marcote, Universitario «A» e Xadrez Ourense “C” achéganse ao liderato

O pásado sábado día 28 de febreiro tivo lugar a 7ª xornada da liga galega de clubs en todas as súas categorías.

Xadrez Ourense 1ª división - 1ª jornada

LIGA GALEGA DE CLUBS

División de honra

Na división de Honra o Xadrez Ourense “A”, máximo representante do xadrez provincial, descansaba por calendario e recuperaba forzas para o trascendental encontro que terá lugar o próximo día 7 de Marzo, no seu feudo de Ourense, ante o vixente campión de Liga, o Fontecarmoa de Vilagarcía, si os ourensáns saen airosos deste encontro e acadan resultados positivos nos tres encontros restantes, manterían certas opción de pelexar polo título ata o final.

Primeira división

Na primeira división destacou o curto resultado acadado polo Liceo de Ourense ante o Marcote de Mondariz (2-2), un empate que non aclara demasiado a situación pola parte alta da clasificación, máxime considerando que Universitario de Ourense se sitúa a un punto dos Liceístas tras superar a domicilio á Peña Xadrecista por un abultado 0.5 a 3.5 e que, pola súa parte, o Xoven conxunto do Xadrez Ourense “C” vencía en Vigo ao Alekhine por idéntico resultado (0.5 a 3.5) o que situa aos filiais a 1.5 puntos da cabeza, así pois perfílase un final de liga moi emocionante, pero sempre coa esperanza de que sexa un conxunto ourensán o que acade o codiciado ascenso á división de honra. Pola súa parte o Xadrez Ourense “B” superaba por un amplo 0.5 a 3.5 ao Ateneo de Ourense, que a falta de 4 xornadas complica moito a súa salvación na categoría.

Segunda división

En segunda división, o Xadrez Celanova continúa sin perder encontro e consolida as súas opcións como candidado ao ascenso, nesta xornada superaba por 4-0 ao xadrez Bande, pola súa parte o Universitario de Ourense “B” empataba en Lalín (2-2) e o Xadrez Loureiro de O couto caía en Nigrán pola mínima, 2.5 a 1.5.

Terceira división

Na terceira categoría o Benchoshey Sénior mantén paso firme de cara ao ascenso tras a súa victoria por 0-4 ante o Xadrez Fischer, idéntico resultado a favor que colleitou o Xadrez Ourense “E” en terras do Deza ante o Lalín “C” (0-4).

Noticias relacionadas

One Thought to “O Liceo empata con Marcote, Universitario «A» e Xadrez Ourense “C” achéganse ao liderato”

Comments are closed.