Festa Magostos Ourense 2018 2Actividades Destacado Es noticia No solo deporte 

O domingo 11 de novembro volve o Magosto ao Parque Barbaña

Festa do Magosto – Ourense 2018

O Parque Barbaña acolle, este domingo 11 de novembro, o tradicional Magosto organizado polo Concello de Ourense

  • A cacharela comezará a arder ás 17:00 horas, e 30 minutos despois iniciarase o reparto de entradas para o menú: bolo con chourizo, castañas, viño ou auga. Todo por 1 €.
  • A concelleira de Cultura, Belén Iglesias, eloxia a recuperación da castaña como eixo do Outono e vincula esta festa, declarada de interese turístico de Galicia en 2008, ás celebracións en familia.

Coincidindo co día do patrón da cidade, o San Martiño, o Concello  celebra unha das festas con maior arraigo popular: o Magosto, declarada de interese turístico de Galicia. Será no centro de Ourense, no Parque do Barbaña, “para que todas as familias se poidan achegar a celebralo con nós”, e contará con todos os ingredientes propios desta data: castañas, chourizos e viño (ou auga).

Festa Magostos Ourense 2018 2

A fogueira comezará a arder ás 17:00 horas, e só media hora despois comezará a venda de tíckets, a 1 €, para recoller o menú desde as 18:00 horas: cucurucho de castañas, pan con chourizo, e viño ou auga. Haberá tamén obradoiros infantís e animación musical a cargo dos Daniñas, que se encargará de acompañar a xente desde o centro da cidade até o Parque, e pola Agrupación AOFT Gomes Mouro.

En total, a Concellería de Cultura repartirá 2.000 bolos preñados (50 máis para celíacos), 1.000 quilos de castañas asadas, 100 botellas de viño e 1.600 de auga. A zona de cola, para os tíckets, estará cuberta por unha carpa, e haberá valados delimitando a fogueira por motivos de seguridade.

A concelleira de Cultura, Belén Iglesias, eloxiou o retorno da castaña ao centro do Outono na nosa cidade, e vinculou a festa ao lecer en familia, xa que é unha celebración da Natureza e do traballo na terra.

Outros Magostos

A maiores do Magosto do Concello, o técnico de Cultura, Álex Hermida, lembrou que para solicitar permisos para facer Magostos populares dentro dos límites do Concello de Ourense, haberá que dirixirse á Concellería de Comercio. Se o lugar elixido para a celebración do Magosto é o parque de Montealegre, a solicitude deberá dirixirse á concellería de Medio Ambiente.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.