Actividades Destacado 

O Consello Municipal de Deportes destinará 680.000 euros as subvencións que darán apoio a eventos e entidades deportivas

As axudas chegaron a 85 clubes, 8.800 deportistas e 50 actividades de diferentes categorías na anterior convocatoria

O Consello Municipal de Deportes convoca as subvencións que darán apoio a eventos e entidades deportivas, ás que destinará 680.000 euros

O Consello Municipal de Deportes destinará este ano unha achega de 680.000 euros a subvencións en apoio ao deporte na cidade. Hoxe no Boletín Oficial da Provincia se publica a Convocatoria e as Bases destas axudas, que distinguen dúas liñas de apoio. Unha delas está dirixida á organización de eventos deportivos, e outra aos gastos de funcionamento das entidades deportivas por participación ou organización en actividades de carácter federado e oficial durante a tempada 2017/2018.

As bases que rexen a convocatoria son en esencia as mesmas do ano pasado, adaptadas este ano aos preceptos da Administración Dixital. Os ítems valorados polo tanto veñen de ter en conta as achegas presentadas por equipos e distintos representantes políticos o ano pasado.

Sincro - Foto Nacho Rego

Nesta convocatoria dotouse unha partida de 680.000€ para cubrir as dúas liñas de subvencións. Na tempada pasada chegou a 85 clubes deportivos federados e un total de 8.800 deportistas na liña de gastos de funcionamento das entidades deportivas. Na liña de eventos chegouse a apoiar un total de 50 actividades de distintas categorías, deportes e niveis. O importe máximo concedido o ano pasado a unha entidade foron 53.500€,

Unha das cidades galegas con maior dotación para estas axudas

Ourense é unha das cidades galegas que destina unha maior achega para cubrir os gastos de funcionamento de entidades deportivas para a promoción e fomento do deporte, a través de concurrencia competitiva.

  • Lugo: repartiu no ano 2017, 145.000€ por concorrencia competitiva. Os clubes subvencionados foron 65, e os importes máximos concedidos rondaron os 6.000€.
  • Santiago: As subvencións ao deporte federado no ano 2017 para o fomento do deporte federado tiveron unha dotación duns 250.000€.
  • A Coruña: Dotou para o ano 2017 unha partida de 320.000€ para a convocatoria de Promoción e o Fomento do Deporte. Estas axudas chegaron a 106 clubes cun importe máximo concedido duns 12.500 euros.
  • Vigo: A cidade olívica habilitou 850.000€ para entidades e eventos neste ano 2018.

Ano 2018 con grandes eventos deportivos

O ano 2018 pon a nosa cidade no punto de mira do deporte nacional ao organizarse nas instalacións deportivas do Concello ata cinco campionatos nacionais de máximo nivel como son os de: Atletismo, Natación Sincronizada, Artes Marciais, Hockey herba e sala e Salvamento.

No ano 2017 os máis de cincuenta eventos apoiados ou organizados directamente polo Consello Municipal de Deportes tiveron un seguimento estimado dunhas trinta mil persoas.

Noticias relacionadas