Daniel-PerezActividades Destacado Es noticia 

O Concello repartirá 20.000 euros en axudas a deportistas individuais a través do Consello Municipal de Deportes

  • “Con estas bolsas o Consello Municipal de Deportes e o Concello de Ourense buscan darlle cobertura a parte dos gastos derivados da práctica deportiva que posúen os deportistas de nivel en disciplinas individuais”, sinala o concelleiro de Deportes, Mario Guede.
  • A información está a disposición da cidadanía na web do Consello Municipal de Deportes: www.deportesourense.com, onde se poderán descargar as Bases e Anexos da Convocatoria e da Sede electrónica do Consello Municipal de Deportes.

O Consello Reitor do Consello Municipal de deportes aprobou a convocatoria e as novas bases para a concesión de Bolsas a Deportistas individuais 2019. Esta convocatoria conta cunha partida de 20.000€ dos orzamentos da Concellería de Deportes. “As bases pretenden premiar a excelencia deportiva -a consecución de medallas ou postos de honra- dos solicitantes, por unha banda, e axilizando os trámites da valoración, pola outra, o que permitirá axilizar a concesión das mesmas”, sinala o edil de Deportes, Mario Guede.

Con estas bolsas o Consello Municipal de Deportes e o Concello de Ourense buscan darlle cobertura a parte dos gastos derivados da práctica deportiva que posúen os deportistas de nivel en disciplinas individuais.

Os criterios de valoración diferencian entre:

A información está a disposición da cidadanía na web do Consello Municipal de Deportes: www.deportesourense.com, onde se poderán descargar as Bases e Anexos da Convocatoria e da Sede electrónica do Consello Municipal de Deportes.

Noticias relacionadas