Natacion Pabellon OurenseActividades Destacado Es noticia No solo deporte 

O Consello Municipal de Deportes presenta as actividades deportivas no marco das Festas de Ourense

Unha programación que  mobilizará a mais de 3000 deportistas de todas as idades, e que será seguido, ao longo de toda a semana por preto de 5500 espectadores

PROGRAMA DEPORTIVO FESTAS DE OURENSE – CMD.2018

O Consello Municipal de Deportes de Ourense achega o programa de actividades deportivas, que se levará a cabo no mes de xuño de 2018 coincidindo, como cada ano, co Programa de Festas de Ourense que transcorre desde o día 24 de xuño ata o día 2 de xullo.


Ourense prepárase para 9 días de festa, as máis importantes da cidade, 9 días que apostan por eventos culturais e deportivos nas rúas e instalacións deportivas da nosa cidade, que xa teñen a súa previa nos 9 eventos que se desenvolven na fin de semana anterior, días 16 e 17 de xuño.

O CMD de Ourense promociona e ampara este programa deportivo de Festas, organizando actividades deportivas e facilitando aos clubs colaboradores a organización de actividades lúdico-recreativas e o uso das instalacións deportivas municipais.

Semana grande, do 23 de xuño ao 1 de xullo

No corazón destas festas, na semana grande, do 23 de xuño ao 1 de xullo, concentrase gran parte da variada oferta deportiva que promove o CMD, albergando un amplo abanico de modalidades deportivas que van desde o piragüismo, pasando polo pedestrismo, a escalada, o fútbol, o baloncesto, a natación, o balonmán, o hóckei a patíns en línea, a patinaxe, o volei praia, o tenis, o ciclismo e o wushu.

Natacion Pabellon Ourense

Para abrir boca, e como cita destacada, celebramos, o día 23 de xuño, as vodas de ouro do piragüismo ourensán, ca celebración da 50 edición do Descenso do Miño, con saída nos Peares e chegada ao Salto de Velle (Ourense).

Para pechar esta desenfreada semana o día 1 de xullo contaremos coa asistencia do equipo de Wushu do Instituto de Hebei, o mellor equipo de China, con varios campións do mundo, que realizará unha demostración de altísimo nivel.

Trátase, sen dúbida, dun dos programas deportivos máis ambiciosos dos últimos anos que se recorden, que mobilizará a mais de 3000 deportistas de todas as idades, e que será seguido, ao longo de toda a semana por preto de 5500 espectadores.

PROGRAMA COMPLETO DE LAS FIESTAS DE OURENSE 2018

Programación Festas de Ourense 2018

Noticia: @cmdourense

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.