Miguel Barbado sobresaliente en la jornada de División de Honor
TTR SUB 15-19 A ESTRADA (sábado 16 de novembro)
Participaron: Hugo Castro, Laura Seijo, Samuel Varela, Miguel Presa, Ana Nóvoa. Adestradora Laura Valverde.
En individuais Ana Nóvoa quedou segunda clasificada e Samuel Varela chegou a semifinais.
En dobres Ana Nóvoa e Iker Rodríguez quedaron segundos clasificados e Hugo Castro e Laura Seijo chegaron ata a semifinal.
6ª XORNADA TOP8 LALIGASPORTS
Miguel Barbado participa unha xornada máis na división de honra co CB Arjonilla. Nesta ocasión o club competía contra o Club bádminton San Fernando Valencia.
Miguel Barbado facíase coa vitoria dos dous partidos que xogou, un individual contra Arturo Hernández e un de dobres xunto Juan B. Villalta.
Coa súa actuación Miguel Barbado acadou o título MGS ao mellor xogador da xornada.
3ª CONCENTRACIÓN «FUTURAS CAMPIOAS GALEGAS» (Domingo 17 de novembro)
Participaron nesta ocasión as xogadoras Martina Llamas, Bea López e Noa Martínez, dirixidas polas adestradoras Sara Ezquerro e Ana Carbón, coa axuda do técnico do CGTD Rafa Vázquez.
3ª XORNADA DE FORMACIÓN FEGABAD (FUNDAMENTOS TEÓRICOS E PRÁCTICOS DO ADESTRAMENTO DE FORZA EN BÁDMINTON – 2ª PARTE)
Terceira e última formación neste ano a cargo de Adrián Cid, preparador físico do CGTD de Pontevedra. Participaron nesta xornada as adestradoras Laura Valverde, Sara Galicia e Marta Iglesias.