Ajedrez Destacado Es noticia 

Medallistas ourensáns nos autonómicos Individuais Xuvenil e Infantil

A Coruñesa vila de Padrón acolleu entre os días 22 e 25 de febreiro os campionatos galegos individuais das categorías Sub18 e Sub14 nos que se deron cita casi un centenar de xóvenes xadrecistas galegos, uns campionatos que contaron cunha nutrida embaixada ourensana composta por xóvenes deportistas, representantes do Club Verín, Universitario, Benchoshey de Pereiro de Aguiar e de Club Deportivo Xadrez Ourense, que exerceron de embaixadores nesta cita autonómica valedeira para os nacionais do próximo verano en Andalucia.

Os vixentes campións provinciais, Martín Gómez (Xadrez Ourense) e Tristán Alonso (Xadrez Verín), foron os ourensáns mellor clasificados en cadansúa categoría: 

Martín Gómez Carreño, con 5.5 puntos, en Sub-18 compartiu o terceiro posto final en Xuveniles, rematando nun 5º posto final empatado ao bronce, cos pontevedreses Ferreirós e Pampillón, tamén hai que mencionar nesta categoría a Marcos Vázquez e Mateo Díaz (ambos do Xadrez Ourense), que remataron empatados ao posto decimosexto da xeral.

Pola súa parte, xa dentro da categoría infantil, o ourensán mellor clasificado foi o mencionado Tristán Alonso Rodríguez (Xadrez Verín), que rematou empatado ao 9º posto da xeral con 5 puntos.

Nesta categoría, Sub-14, hai que facer especial mención a Pura Diéguez Nóvoa, (Benchoshey – Pereiro de Aguiar), que foi 23ª da xeral e conquistou o segundo posto dentro da categoría feminina,  Unha plata autonómica, a de Pura Diéguez, que se viu completada polo 4º posto feminino (30º da xeral), obtido por Alba Pérez Salgado (Club Xadrez Ourense).

O resto de categorías, Sénior, Cadete, Alevín, Benxamín e Prebenxamín, terán lugar a comenzos de Abril, tamén na vila de Rosalía de Castro.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.