Martín Gómez y Tristán Alonso lideran la presencia ourensana en el autonómico Sub18 y Sub14
Club Xadrez Ourense, con Mos (Pontevedra) e Fontecarmoa (Vilagarcía), entidades galegas máis participativas
A coruñesa vila de Padrón acollerá os autonómicos individuais das categorías Xuvenil (Sub-18) e Infantil (Sub-14), que se disputarán entre os días 22 e 25 de Febreiro en terras de Rosalía de Castro.
O Club Deportivo Xadrez Ourense, un ano máis, volve a estar entre as entidades galegas máis participativas do panorama autonómico, xunto co Xadrez Mos (Pontevedra) e o Fontecarmoa de Vilagarcía.
Un total de 96 participantes, pertencentes a un vintena de Clubes de toda Galicia daranse cita nesta importante cita autonómica que dará pasaporte aos mellor clasificados para o nacional que terá lugar en Andalucía o vindeiro mes de xullo.
Os nomes propios máis salientables son Martín Gómez Carreño en Xuvenil (Club Xadrez Ourense), cinco veces campión galego individual e que viaxa a Padrón como actual campión provincial da categoría e Tristán Alonso Rodríguez (Xadrez Verín), vixente campión provincial Sub-14.
Máis alá dos numerosos participantes que envía Club Xadrez Ourense, hai que salientar a presenza de xoves xadrecistas da nosa provincia, e clubs como o Club Benchoshey (Pereiro de Aguiar), Xadrez Verín, e Xadrez Universitario de Ourense tamén estarán presentes con boa participación.