Torneo Internacional de Veteranos Hockey OHF 2018Destacado Es noticia Hockey 

Mariñamansa acolle o “Octopus Hockey Festival”, torneo internacional para xogadores veteráns

International Veterans Open Ourense 2018 “Octopus Hóckey Festival”– 7, 8 y 9 Septiembre de 2018

Na mañá de hoxe martes presentouse no Salón de Plenos do Concello de Ourense o 13º Torneo Internacional de Veteranos Hockey “Octopus Hóckey Festival” 2018 que terá lugar entre o 7 e o 9 de setembro no campo de hóquei municipal de Mariñamansa.

Estiveron presentes o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o concelleiro de Deportes, Mario Guede, Francisco Masid e Javier Valencia, en representación do Club organizador así como Bernardino González, asesor de deportes da Deputación de Ourense, Santiago Garza, representante da firma patrocinadora do evento, Alberto Estévez, director do torneo e vicepresidente do CD Open.

Torneo Internacional de Veteranos Hockey OHF 2018

A relación de equipos confirmados é a seguinte:

  • Categoría masculina, CD Open (Ourense), Team Galicia (Vigo e A Coruña), Manzanares (Madrid), OH – Friends (Ourense), Blauweiss (Berlín – Alemaña), Black & White Tigers (Breda – Holanda), UHC Prinzen (Hamburgo – Alemaña) e o MHC Bommelerwaard (Zatlbommel – Holanda);
  • Categoría feminina, CD Open (Ourense), Maatjes (Leiden – Holanda), Oranginas (Ijsselstein – Holanda) e Manzanares (Madrid).

PROGRAMA

Venres 7

  • Transfer aeroportos-hoteis. Recepción de equipos en hoteis
  • 20:00 hrs. Reunión benvida terraza Hotel San Martin.
  • 21:00 hrs. Reunion benvida tapas e viños.

Sábado 8

  • 09:00 hrs. Comenzo da competición. 8:15 Bus transfer desde o hotel.
  • Durante a xornada. Comida (barbacoa e demais) e bebida disponible na carpa.
  • 19:00 hrs. Remate dos partidos. 19:00 Bus transfer ata o hotel.
  • 20:30 hrs. Reunión na terraza do Hotel San Martin.
  • 21:30 hrs. Cea restaurante

Domingo 9

  • 09:30 hrs. Comenzo dos partidos. 8:45 Bus transfer desde o hotel.
  • Durante a xornada. Bebida disponible na carpa.
  • 13:30 hrs. Entrega de trofeos.
  • 14:00 hrs. Xantar tradicional na carpa.
  • 17:00 hrs. Despedida e retorno. Transfer aeroportos.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.