Triatlon de Allariz 2018 Foto Nacho RegoDestacado Es noticia Triatlon 

María Ortega y Nicolás Domínguez triunfadores en el Triatlón Vila de Allariz

XXIX Triatlón Vila de Allariz

Texto: fegatri.org – Fotos: Nacho Rego (Galería fotográfia completa en Fotografiadeportiva.com)

María Ortega (TriToledo) e Nicolás Domínguez (Disa Hospital Perpetuo Socorro Tríatlon) proclamáronse o sábado 18 vencedores do XXIX Tríatlon Vila de Allariz, no que participaron case 150 triatletas.

Triatlon de Allariz 2018 Foto Nacho Rego

Na categoría feminina dominio absoluto de María Ortega, que partía como gran favorita e que foi a mellor nos tres segmentos para chegar a meta cun tempo final de 1:19:22. A segunda posición foi para Olalla Duro (licenza dun día) a 7:16 e o terceiro lugar foi para Carla de Dios(Natación Pabellón Ourense).

Triatlon de Allariz 2018 Foto Nacho Rego

Na proba masculina o triunfo de Nicolás Domínguez foi moi axustado e despois dunha gran remontada. Domínguez perdeu moitísimo tempo na natación (saíu da auga na posición 16 a máis de 3:30 do primeiro clasificado), así que tocou recuperar. E iso foi o que fixo nos dous seguintes segmentos nos que foi o mellor para chegar a meta na primeira posición cun tempo final de 1:10:08 e só 13 segundos de vantaxe sobre Jacobo Crego (Olímpico de Vedra). O terceiro posto foi para Marcos Vila (Natación Pabellón Ourense) cun tempo de 1:11:23.

Triatlon de Allariz 2018 Foto Nacho Rego

Noticias relacionadas