Foto: Luz IglesiasCiclismo Destacado Es noticia 

Maceda e Baños de Molgas punto final da Copa Galicia de Ciclocross

XI Trofeo Castelo de Maceda e Premio Estacións Vivas en Baños de Molgas

Noticia: Federación Galega de Ciclismo – Foto: Luz Iglesias

A Copa Galicia chegou ao seu punto e final coa dobre cita celebrada en Ourense: o sábado coa disputa do XI Trofeo Castelo de Maceda e o domingo o primeiro Premio Estacións Vivas en Baños de Molgas. As diferentes categorías en disputa chegaron á recta final da competición coas súas clasificacións resoltas fóra das ciclistas de categoría sub23 onde a ausencia da marinense Irene Trabazo que se atopaba correndo en Bélxica, facilitou que Zaida González (Rosal) acabase logrando a camisola de líder da súa clase.

Foto: Luz Iglesias

O Trofeo de Maceda permitiu aos afeccionados ver unha nova exhibición dos ciclistas do conxunto local grandes dominadores desta disciplina e con bitola de favoritos nos próximos Campionatos de España Pontevedra 2019. Ademais, a proba maceda era a última oportunidade para os galegos de obter puntos para o ránking nacional. O junior Carlos Canal venceu con comodidade a súa carreira do mesmo xeito que o fixeron Iván Feijoo e Saúl López en sub23 e elite, respectivamente.

A campioa galega Lucia Vázquez (Prorebordosa) ganou entre as elite fémeninas e o master 30 Alejandro Mesias (Quintena) reivindicouse co triunfo na súa categoría nas duas xornadas.

O domingo disputouse a cita organizada polo Club Ciclista Ourensán en Baños de Molgas onde moitos ciclistas optaron por reservarse pensando no Campionato de Galicia do próximo día 30 en Pontevedra. Esta circunstancia motivou que se puidesen ver podios inéditos nesta campaña e grandes carreiras en todas as quendas celebradas.

Concluída a tempada regular que este ano alcanzou as quince probas, os gañadores da Copa Galicia foron: Adrián Valverde (Rías Baixas) e Mª José Gómez (Cambre) en elite; Samuel Gonzalez (Guerciotti) e Zaida González (Rosal) en sub23; Jorge Fernández (Ponteareas) e Andrea García (Maceda) en junior; Miguel Rodríguez (Ponteareas) e Laura Capa (Marin) en cadete; Andrés Calvete (Monte Xalo) e Montserrat Martínez (Saertex) en master 30; Alejandro Trasbach (Racing) e Mónica Alarcón (Arcadecycles) en master 40 e Antonio Sousa (Bifase) en master 50.

 

Clasificacións das carreras

CAT

CICLISTA

CLUB

MACEDA

MOLGAS

ELITE

Saúl López

Maceda

Adrián Valverde

Rías Baixas

Jacobo Ucha

Maia

Darío M. Otero

Compostelano

CAT

CICLISTA

CLUB

MACEDA

MOLGAS

SUB23

Iván Feijoo

Maceda

Samuel González

Kiwi Atlántico

Pablo Álvarez

Cambre

CAT

CICLISTA

CLUB

MACEDA

MOLGAS

ELITE

F

Lucía Vázquez

Prorebordosa

Sandra do Santos

Independiente

Mª José Gómez

Cambre

Mª Jesús Barros

Spol

CAT

CICLISTA

CLUB

MACEDA

MOLGAS

SUB23

F

Sara Yusto

Delikia

Marta Vila

Xtrembike

Zaida González

O Rosal

CAT

CICLISTA

CLUB

MACEDA

MOLGAS

JR

Carlos Canal

Maceda

Jorge Fernández

Ponteareas

Xoel Montes

Avanza

Roi López

Compostelano

CAT

CICLISTA

CLUB

MACEDA

MOLGAS

JR F

Carla Fernández

Rio Miera

Noela Saa

Maceda

Andrea García

Maceda

Alba Méndez

Cambre

CAT

CICLISTA

CLUB

MACEDA

MOLGAS

CD

Martín González

Maceda

Miguel Rodríguez

Ponteareas

Rubén Sánchez

Sanse-Motor

Ricardo Martín Buba

Coruxo

CAT

CICLISTA

CLUB

MACEDA

MOLGAS

CD F

Laura Capa

Marín

Zaira Vila

Coruxo

Laura García

Jonhy Berria

Sonia Domínguez

Marín

CAT

CICLISTA

CLUB

MACEDA

MOLGAS

M3 F

Montserrat Martínez

Saertex

CAT

CICLISTA

CLUB

MACEDA

MOLGAS

M3

Alejandro Mesias

Ciclosquintena

Andrés Calvete

Monte Xalo

Oscar Vázquez

OVC Bikes

Luciano Carretero

Cambre

Roberto Rodríguez

Demobike

CAT

CICLISTA

CLUB

MACEDA

MOLGAS

M4 F

Mónica Alarcon

Arcadecycles

Sara Isaach

Meira

Ana Isabel García

Jarnachas

CAT

CICLISTA

CLUB

MACEDA

MOLGAS

M4

Alejandro Trasbach

Racing

Xacob Agra

Louriña

Guillermo Álvarez

Condado

Moises Leboso

10 GD

Constantino Muñoz

Pan de Zarco

Xan Rey

CC Rey

CAT

CICLISTA

CLUB

MACEDA

MOLGAS

M5

Mario Castro

Cortizo

Antonio Sousa

Bifase

Javier Lago

Spol

Marcial Rodríguez

Quebici

José Mª Magariños

Condado

CAT

CICLISTA

CLUB

MACEDA

MOLGAS

M6

Manuel González

Bici O Con

José Manuel González

Maceda

Antonio J. Fernández

Cambre

Noticias relacionadas