Los equipos de Auriense FG buscan su puesta a punto con amistosos de pretemporada
Fin de semana intenso para o Auriense masculino, con dous enfrontamentos de pretempada contra equipos moi duros.
O sábado, o equipo ourensán sacou unha boa versión do seu xogo no primeiro encontro que disputaba no formato 9 contra 9, e gañou con solvencia a Herdeiros de Dhais, por un 9 (1-6) a 21 (3-12), aproveitando o seu acerto nas contras e a puntería no tiro por paus.
Na xornada do domingo, o resultado foi adverso, véndose superando polo Keltoi de Vigo, por un 31-20.
O Auriense masculino, ainda sen toda a plantilla e con novos xogadores adaptándose ao deporte, busca este ano competir no grupo de candidatos á Liga, nun formato de competición máis espectacular, de 9 contra 9, e cunha primeira volta de todos contra todos e nos que, os 4 mellores competirán por gañar o título.
AMISTOSO
Este sábado día 8, no Campo da Universidade, preséntase ante as afecionadas locais os equipos masculino e feminino, que disputarán os seus encontros contra o Turomia de Gondomar a partir das 18 horas, equipo novo e co que xa se enfrontaron nun Torneo no mes de Xullo.