La 1ª Copa Empoderadas de fútbol gaélico se queda en Ourense
1ª Copa Empoderadas de fútbol gaélico
O pasado sábado, e aproveitando a Romería Feminista de Barbadás, o club Ourense GAELS, a través do seu equipo feminino do Auriense, organizou a 1ª Copa Empoderadas de fútbol gaélico nas instalacións municipais de Oira. Un triangular no que tamén participaron as Irmandinhas de A Estrada e Keltoi de Vigo.
O Auriense, gañando o primeiro partido igualado contra Keltoi, fíxose finalmente co Torneo vencendo con solvencia a Irmandinhas no partido final. Previamente, o equipo de A Estrada e de Vigo empataron nun vibrante enfrontamento.
Unha xornada con bo ambiente e onde as ourensás melloran en xogo e aspecto físico, cruciais para afrontar o comezo de liga con maíor seguridade nas súas opcións.