Jabatas Roller Derby Foto Nacho RegoDestacado Escalada Patinaje 

Jabatas buscarán o título da Liga Galega de Roller Derby este sábado en Os Remedios

Final da Liga Galega de Roller Derby

Despois de ter sido aprazada o pasado mes de abril a final da Liga Galega de Roller Derby polas inadecuadas condicións da pista do pavillón de Oira, será de novo a cidade de Ourense o lugar elixido para decidir quen acadará o título de campión galego.

Jabatas Roller Derby Foto Nacho Rego

O partido enfrontará Sereas Bravas Roller Derby Vigo e Jabatas de Ourense este sábado 13 de xullo na pista central do pavillón municipal dos Remedios a partir das 19:00 horas, sendo o acceso ás gradas de balde.

Unha magnífica oportunidade para coñecer unha novidosa modalidade que pouco a pouco se vai abrindo oco na patinaxe.

Noticias relacionadas