Iván SalgadoAjedrez Destacado Es noticia 

Iván Salgado despide o ano 2019 con nota, no mundial de Moscú

Campionatos do Mundo de Xadrez

Entre os días 26 e 30 de Decembro, o Ourensán estivo entre a élite mundial na capital Rusa

Moscú acolleu os campionatos do mundo de xadrez nas súas modalidades “xadrez rápido” e “xadrez relámpago”, coa participación de máis de 200 especialistas de máis de 50 países, en cada unha de ambas modalidades.

O Noruego, Magnus Carlsen, vixente campión e nº 1 do mundo, fixo gala da súa condición, impoñéndose en ambas probas.

A embaixada Española, composta por Vallejo, Guijarro, Shírov, Castellanos, Rosell, Santos Ruiz e o propio Iván Salgado, colleitou positivos resultados. En concreto Iván Salgado na modalidade de xadrez rápido empatou no posto 67º, e entre 207 participantes, e na modalidade de “Blitz” (xadrez relámpago, ou “rapidísimo” para os profanos), rematou nun moi positivo posto 66, empatado no 59ª, tamén entre máis de 200 especialistas.

En ambas modalidades o Gran Mestre do Club Deportivo Xadrez Ourense,  Iván Salgado, mellourou a previsión inicial ao mellorar co seu posto final, o  seu ránking inicial en docenas de postos, en ambas categorías.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: