Auriense F.G.Destacado Es noticia Futbol gaélico 

Importante victoria do Auriense F.G. contra o Baithrechas de A Estrada

Auriense F.G.  –  Baithrechas de A Estrada 03-11 (20) 02-13 (19)

A xornada do domingo pola tarde, deparou un partidazo no Campo da Universidade, onde estaba en xogo a clasificación para o grupo que loitará polo título galego na segunda volta.

Desta vez, e cun final practicamente de infarto, a victoria caeu para o lado local, cun axustado 03-11 (20) 02-13 (19).

Este resultado confirma a boa tempada do conxunto ourensán, totalmente asentado entre os máis grandes do fútbol gaélico galego.

A fin de semana que vén as nosas equipas viaxarán á cidade da Coruña para enfrontarse a Fillos de Breogán, un dos candidatos ó título en ambas ligas e unha boa pedra de toque para ambos conxuntos, despois dunha boa xeira de resultados.

O Auriense representado en Europa.

Durante esta fin de semana, o equipo ourensá desprazou ata Bélxica a dous dos seus xogadores, para participar na convención da Gaelic Athletic Association. Unha posta en común das competicións a nivel europeo, que pon de manifesto o auxe destes deportes en todo o continente, non sendo a cidade de Ourense unha excepción.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario