Ajedrez Destacado Es noticia 

Gran presencia ourensana en el autonómico de ajedrez “Padrón 2019”

Gran participación ourensana nos Ctos. Autonómicos de “Padrón 2019”

  • Club Xadrez Ourense, con máis de 40 participacións nos autonómicos 2019, consolídase como referente autonómico.

A partir do sábado día 13 de Abril, a Coruñesa localidade de Padrón acollerá os campeonatos de Galicia individuais nas súas categorías Sénior, Sub-16, Sub-12 e Sub-8, nunha competición que reunirá a cerca de 300 especialistas do “deporte-ciencia” procedentes de todos os Clubs de Galicia.

Xa no pasado mes de Marzo tiveron lugar en Cangas os campeonatos galegos das categorías Sub-18 e Sub-14, onde os ourensáns participaron en amplio número, destacando o metal obtido por Pilar García Ruiz (Xadrez Ourense), en Sub-18.

En esta nova cita Coruñesa, o xadrez ourensán voltará a estar moi ben representado, cuantitativa e cualitativamente na vila de Rosalía, xa que máis de 60 xadrecistas da nosa provincia desprazaranse para tomar parte nesta edición 2019, agardándose ademais que varios dos nosos máis firmes valores amplíen o botín de medallas autonómicas que xa se comenzou a fraguar en Ferrol o pasado Febreiro.

Destaca, por exemplo,  en categoría Sub-16 o xoven xadrecista Martín Gómez Carreño (Xadrez Ourense), que parte como nº 1 do ránking inicial.

No relativo á participación por Clubes da nosa provincia hai que salientar que Clubes como Universitario de Ourense, Xadrez Verín  e Liceo estarán presentes con varios xadrecistas nesta cita autonómica.

Mención aparte merecen as amplías participacións dos Clubs Xadrez Benchoshey, cunha vintena de deportistas desprazados, e, un ano máis, do Club Deportivo Xadrez Ourense, que tras 16 anos de historia, consolídase como claro referente  entre os clubs de Galicia,  nesta edición 2019 a entidade ourensana tomará parte con maís de 40 xadrecistas, (8 deles xa viaxaron a Cangas o pasado mes de Marzo) e 36 que tomarán parte na cita padronesa, acompañados de 3 adestradores, agardándose tamén que isto se traduza nunha ampla participación nos campeonatos individuais nacionais individuais do próximo verán (en Granada), aos que o pasado ano, Club Xadrez Ourense contou con ata 15 participacións.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.