Pabellon Juvenil Foto Nacho RegoDestacado Es noticia Futbol 

Goleada de Pabellon juvenil ante Orillamar que vale un liderato

PABELLON OURENSE C.F. 7- 1 ORILLAMAR S.D.

Vitoria moi clara do Pabellón da Liga Nacional Xuvenil nos Remedios nun partido que se puxo costa arriba cando os visitantes tomaron vantaxe no macador aos seis minutos. Alberte conseguiría empatar mediada a primeira parte nun periodo cun carrusel de ocasións para os nosos e un susto por parte dos visitantes. Ao descanso o marcador era de táboas (1-1).

Pabellon Juvenil Foto Nacho Rego

No segundo tempo o cadro local non deu opción ao rival. Aos tres minutos xa mandaba no taboleiro co segundo tanto obra de Jorge. A partir de ahí soamente houbo un equipo no campo e como consecuencia diso comezaron a cehgar as ocasións e os goles anotados por Abraham, Osián, Iván, Rodrigo e Raúl para o definitivo 7-1.

Con este resultado o equipo situouse de líder pola diferenza de goles ao estar empatado a 22 puntos co Celta “B” e Victoria.

Texto: Pabellón CF / Fotos: Nacho Rego/Ourense Deportivo

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.