Auriense F.G. supera a Irmandinhas de A Estrada no campus na xornada fútbol gaélico
Pola sua banda o equipo masculino do Auriense caía ante o cambinado de A Estraba
Auriense F.G. – Irmandinhas de A Estrada 4-10 (22) – 3-7(16)
No partido que abría a xornada, as rapazas do Auriense F.G. gañaron con solvencia, pese ao que reflexa o marcador, o seu encontro contra Irmandinhas de A Estrada, nun partido que dominaron dende o primeiro minuto, cun gran acerto a paus. 4-10 (22) – 3-7(16).
Auriense F.G. – Irmandinhos de A Estrada 0-8 (8) – 5-22 (37)
Xa no partido masculino, Auriense F.G. caía contra o actual líder e campión de liga, aguantando soamente os primeiros 10 minutos, ata que o físico dos xogadores de A Estrada acabou por tumbar ao Auriense 0-8 (8) – 5-22 (37).
A Liga descansa a vindeira semana, e retoma cun torneo en A Estrada onde o Auriense (masculino e feminino) competirá contra diversos equipos de Europa.