Auriense Futbol GaelicoDestacado Es noticia Futbol gaélico 

O fútbol gaélico regresa esta fin de semán

Volve a competición de fútbol gaélico, e faino este domingo no Campo Novo de A Estrada, no dobre enfrontamento entre os equipos do Auriense e Irmandinhos.

A partir das 18 horas, o equipo feminino agarda conseguir un resultado positivo, onde parten como favoritas, nun choque no que a clave pode estar no acerto entre paus de ambos equipos.

Respecto ao conxunto masculino, a partir das 19:30 xoga contra o actual campión e subcampión ibérico, que conta os seus partidos por victorias. Un partido moi complicado, onde o importante e realizar un bo papel sen ter en conta o resultado final.

A semana que vén, remata a primeira fase coa visita a Ourense do Keltoi de Vigo. Unha nova oportunidade para achegarse ata o campo da Universidade e coñecer un dos deportes en auxe en Galicia.

Noticias relacionadas