Gimnasia Rítmica Foto David MartinezDestacado Es noticia Gimnasia 

Éxito de participación e público no X Torneo Primavera de ximnasia rítmica

X TORNEO PRIMAVERA CIDADE DE OURENSE- XIMNASIA RÍTMICA

Esta décima edición do Torneo de Primavera deu mostras de novo da boa saúde da ximnasia ourensá e da ximnasia galega. Alta participación, un bó nivel xeral dos exercicios e unha excelente afluencia de espectadores.

Gimnasia Rítmica Foto David Martinez

Os clubes pavillonistas participaron con todo o seu elenco de deportistas, tanto en exhibición como en competición.

Gimnasia Rítmica Foto David Martinez

O Club Ximnasia Escola Pavillón mostrou en exhibición cinco exercicios de ximnasia non competitiva, trece conxuntos de nivel escolar que, coas súas dúas e tres horas de adestramento semanal, participarán na Copa Deputación e Campionatos Escolares durante os meses de abril e maio, ademáis de un  conxunto de nivel nacional, o conxunto infantil de nivel base que non competirá ata o mes de setembro. Por outra banda presentou en competición ó seu equipo nacional de nivel absoluto, o conxunto junior.

Gimnasia Rítmica Foto David Martinez

O Club Ximnasia Pavillón presentou en competición catro conxuntos de promoción, unha individual de nivel base, un equipo individual de nivel absoluto e dous conxuntos de nivel absoluto que disputarán o domingo día 22 a Primeira Fase da Copa de España de conxuntos. Faltou á cita de onte o conxunto senior, que tamén competirá en Guadalajara, por falta de dúas ximnastas, unha delas integrante do conxunto senior de Ximnasia Estética de Grupo que partiu o mesmo día 14 finalizada a sesión de mañán a Madrid, á Liga Federacións. Ademáis este club mostrou en exhibición a todos os seus catro conxuntos de nivel escolar, os que teñen menos carga horaria (catro horas de adestramento semanal) e que competirán próximamente na Copa Deputación e Competición de nivel escolar. Presentou tamén en exhibición os seus exercicios individuais de niveis escolar e promoción, o conxunto senior de ximnasia estética de grupo, o seu conxunto minibenxamín e un espectacular exercicio final de prebenxamíns e benxamíns, ademáis dun exercicio conxunto das infantís de base dos dous clubes pavillonistas durante a competición de mañán.

Os resultados foron os seguintes:

MEDALLEIRO- XORNADA DE MAÑÁN

CONXUNTOS PROMOCIÓN

CATEGORÍA PREBENXAMÍN

  • 1º CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE
  • 2º CLUB VIRAVOLTA
  • 3º CLUB BRÍO

CATEGORÍA BENXAMÍN

  • 1º- CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE A
  • 2º- CLUB MANIOTAS
  • 3º- CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE B

CATEGORÍA ALEVÍN

  • 1º- CLUB VIRAVOLTA
  • 2º. CLUB DEPORTIVO XIMNASIA RÍTMICA COMPOSTELA
  • 3º- CLUB IN MARE W
  • CLUB XIMNASIA PAVILLÓN: 8º

CATEGORÍA INFANTIL

  • 1º- CLUB DEPORTIVO XIMNASIA RÍTMICA COMPOSTELA
  • 2º- CLUB SARAIBA DE POIO
  • 3º- CLUB BRÍO
  • CLUB XIMNASIA PAVILLÓN: 4º

COMPETICIÓN INDIVIDUAL BASE- MEDALLAS

CATEGORÍA CADETE

  • 1º- ANA COLADAS (CLUB AS TRISCAS)
  • 2º- ANDREA ARA (CLUB TREBOADA)
  • 3º- SABELA DE MARTÍN (CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE

COMPETICIÓN INDIVIDUAL POR APARATOS NIVEL FEDERADO- MEDALLAS

CATEGORÍA SENIOR

ARO

  • 1º- SOFÍA SOUSA (CLUB XIMNASIA PORRIÑO)
  • 2º- ALBA GARCÍA (CLUB TREBOADA)
  • 3º- ZOE SANTOS (CLUB TREBOADA)

MAZAS

  • 1º- SOFÍA SOUSA (CLUB XIMNASIA PORRIÑO)
  • 2º- ALBA GARCÍA (CLUB TREBOADA)
  • 3º- NEREA SASTRE (CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE)

PELOTA

  • 1º- IRIA CALVAR (CLUB SARAIBA)
  • 2º- ANTÍA VÁZQUEZ (CLUB XIMNASIA PAVILÓN OURENSE
  • 3º- MARÍA MORENO (CLUB MANIOTAS)

COMPETICIÓN POR EQUIPOS NIVEL ABSOLUTO (UN TROFEO POR PUESTO)

CATEGORÍA SENIOR

  • 1º CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE
  • 2º CLUB SARAIBA
  • 3º CLUB MANIOTAS

MEDALLEIRO- XORNADA DE TARDE

CONXUNTOS PROMOCIÓN

CATEGORÍA CADETE

  • 1º- CLUB AS TRISCAS
  • 2º- CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE
  • 3º- CLUB DEPORTIVO XIMNASIA RÍTMICA COMPOSTELA

COMPETICIÓN INDIVIDUAL POR APARATOS NIVEL FEDERADO- MEDALLAS

CATEGORÍA INFANTIL (Sen represntación ourensá)

MAZAS

  • 1º- ALICIA GARCÍA (ESCOLA ACORDES A)
  • 2º- ADRIANA LEGARRA (CLUB MANIOTAS)
  • 3º- CANDELA MARTÍNEZ (ESCOLA ACORDES B)

CINTA

  • 1º- IRIA ÁLVAREZ (ESCOLA ACORDES A)
  • 2º- ADRIANA DOMÍNGUEZ (CLUB MANIOTAS)
  • 3º- SILVIA MONTERO (ESCOLA ACORDES B)

CUERDA

  • 1º- ANA MORGANA (CLUB MANIOTAS)
  • 2º- PALOMA SMYTH (ESCOLA ACORDES B)
  • 3º- ALICIA GARCÍA (ESCOLA ACORDES A)

CATEGORÍA JUNIOR

ARO

  • 1º- ANDREA VILLAR (ESCOLA ACORDES A)
  • 2º- NOA GALBÁN (CLUB TREBOADA A)
  • 3º- CARMEN JUNCAL (CLUB AS TRISCAS)
  • MARÍA RODRÍGUEZ (CLUB XIMNASIA PAVILLÓN) 4º

MAZAS

  • 1º- SABELA RODRÍGUEZ (CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE)
  • 2º- BEATRIZ FERNÁNDEZ (CLUB ESQUÍO)
  • 3º- CAROLINA VILLAR (ESCOLA ACORDES A)

CINTA

  • 1º- ANDREA VILLAR (ESCOLA ACORDES A)
  • 2º- BEATRIZ FERNÁNDEZ (CLUB ESQUÍO)
  • 3º- CANDELA PÉREZ (CLUB ESQUÍO)

COMPETICIÓN POR EQUIPOS NIVEL ABSOLUTO (suma de notas dos tres aparatos individuais)

CATEGORÍA INFANTIL

  • 1º- ESCOLA ACORDES A
  • 2º- CLUB MANIOTAS
  • 3º- ESCOLA ACORDES B

CATEGORÍA JUNIOR

  • 1º- ESCOLA ACORDES A
  • 2º- CLUB AS TRISCAS
  • 3º- CLUB TREBOADA A

CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE: 4º

CONJUNTOS NIVEL ABSOLUTO

CATEGORÍA ALEVÍN

  • 1º- CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE
  • 2º- CLUB MAPPECA 1- ZAMORA
  • 3º- CLUB MAPPECA 2- ZAMORA

INFANTIL

  • 1º- CLUB ESQUÍO

JUNIOR

  • 1º- CLUB XIMNASIA PAVILLÓN OURENSE
  • 2º- CLUB MAPPECA- ZAMORA
  • 3º- ESCOLA XIMNASIA PAVILLÓN

CATEGORÍA SENIOR

  • 1º- CLUB MAPPECA- ZAMORA

Noticias relacionadas