Este domingo arranca a Liga Galega de Fútbol Gaélico para o Auriense
Liga Galega de Fútbol Gaélico
O vindeiro domingo día 1 de Outubro, comenza en Ourense a tempada 2017-2018 de Fútbol gaélico, modalidade deportiva que desde fai uns meses forma parte da Federación Galega de Fútbol.
O único representante ourensá, o Auriense FG, recibe tanto no masculino como no feminino, aos equipos: Herdeiros e Herdeiras de Dhais de Lalín.
Recordar que este ano, a liga masculina configurouse nunha Liga única, debido á baixa de dous equipos importantes da competición: Mecos do Grove e Pontevedra FG.
O domingo no campo da Universidade
- 16: 00 Auriense FG – Herdeiras d Dhais (FEM)
- 17:00 Auriense FG – Herdeiros de Dhais (MAS)
O cadro masculino recibe a un dos favoritos ao título, un equipo fisicamente moi potente e cun xogo combinativo moi dinámico.
As rapazas, buscan comezar a liga cunha victoria ante un rival directo á hora de clasificarse entre as 4 primeiras. Un equipo ourensá que vén de competir a semana pasada en Irlanda.