Universidade Laboral Llamas badminton (2)Actividades Bádminton Destacado Es noticia 

Emotivo homenaxe do bádminton galego e a Universidade Laboral a José Luis Llamas

  • O polideportivo da Universidade Laboral manterá presente a memoria de Llamas.

Na xornada do Circuito Sénior de Bádminton organizada pola Universidade Laboral o deportivo pasou a segundo plano, xa que o protagonismo foi para a homenaxe a Jose Luis Llamas, finado recentemente, na que se descubriu unha placa que daba o seu nome ó polideportivo da U. Laboral.

Universidade Laboral Llamas badminton (2)

En presencia das institucións locais e autonómicas e despois de emotivos discursos do presidente da Federación Galega de Bádminton Rodrigo Sanjurjo, do seu compañeiro e amigo Julio Fernández Pérez, e de Miguel Ángel Quiroga en representación dos deportistas da Universidade Laboral, a súa familia recibiu esta sentida homenaxe e a intención de que o Circuito Sénior leve para sempre o nome de Memorial de José Luis Llamas. Tamén se pronunciaron unhas palabras do Presidente da Federación Española de Bádminton, David Cabello.

Noticias relacionadas