Memorial Manolo Carrera 1 2018Destacado Es noticia Futbol 

El VII Memorial Manolo Carrera fue la fiesta del fútbol prebenjamín y benjamín

VII Edición do Memorial Manolo Carrera

Coa disputa da categoría Prebenxamin rematou a VII Edición do Memorial Manolo Carrera. Case que 100 partidos disputados nestes dous días permitiron decidir esta edición dun torneo que se consolida como referencia no deporte base autonómico.

Memorial Manolo Carrera 1 2018

Un Memorial que contou coa presenza 14 Escolas de todas Galicia e 34 equipos entre eles os do RC Celta, RC Deportivo de A Coruña ou CD Lugo. Contando ademáis este ano coa presenza dunha escola do país veciño como foi a do GD Chaves.

O bo tempo permitiu a todos os asistentes desfrutar de dúas xornadas repletas de momentos entrañables entre estes xovenes futbolistas. Destacando o comportamento de todos os equipos participantes que permitiron concluír esta edición sen que ningún colexiado mostrara un só cartón de amoestación.

Case que 500 nenos, de idades comprendidas entre os 4 e os 8 anos, e preto de 2000 persoas visitaron o Monte da Aira nesta festa do Fútbol Base. O cadro de honor desta edición do 2018 na categoría Prebenxamin que se desputou este domingo foi a seguinte: o gañador foi o Sta Mariña, equipo invicto todo o torneo, que venceu na final o EDO. Sendo o terceiro clasificado o Pabellón CF e cuarto o UD Ourense. No cadro de consolación levouse este memorial o UD Barbadás, sendo segundo o CD Lugo. Mentres na categoría Benxamin o Pabellón CF que lle gañou a final o RC Celta de Vigo por 2 a 0. Namentres na final de consolación desta categoría venceu o CD Lugo o Sta Mariña.

Tamén este fin de semana de fútbol valeu para ver as que serán seguro figuras do fútbol nas vindeiras temporadas. A organización escolleu os mellores xogadores e gardamallas de ambas categorías. Recaendo os premios na categoría Benxamin en Pablo Rodríguez do Pabellón CF e o de mellor porteiro en Nico Goméz da SD Nogueira de Ramuin. Mentres na categoría mais nova, a prebenxamin, os premios de mellor xogador e porteiro recaeron en Germás Alonso do clube Sta Mariña e en Mateo Ballesteros do Pabellon CF respectivamente.

Este torneo é outra aposta mais da Escola de Fútbol do CD Velle polo fútbol base. Un clube modesto que xa dende o ano 1976 ven sendo canteira inesgotable de xogadores para a maioría de clubes que conforman as distintas ligas e categorías da nosa provincia.

Cumpríndose unha vez mais o obxectivo do Memorial que non é a competición en si, senon o desfrute dos xóvenes participantes. Desfrute que formará parte da súa formación en valores tan importantes na práctica deportiva como son a capacidade de poder traballar en equipo, o espírito de superación, o respecto o rival ou a humildade.

Memorial Manolo Carrera 1 2018

E o vindeiro ano 2019 de novo a Velle a desfrutar do VIII Memorial Manolo Carrera.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.