Actividades Destacado Es noticia Patinaje 

El proyecto de skatepark en Ourense avanza con la entrega del proyecto a la Xunta para licitar y adjudicar las obras

O novo skatepark de Ourense dá un importante paso adiante coa entrega do proxecto á Xunta, que será a encargada de licitar e adxudicar as obras

  • O proxecto, realizado polo Concello de Ourense a través do Consello Municipal de Deportes, incorporarase na segunda fase da posta en valor da Ponte Vella que está a realizar a Xunta de Galicia
  • Este é un novo exemplo da excelente cooperación entre o Concello e a Xunta, que nos está permitindo poñer en marcha infraestruturas chamadas a marcar un antes e un despois na nosa cidade”, dixo o alcalde Jesús Vázquez
  • A nova pista ocupará unha superficie de 800 metros cadrados e terá un orzamento en torno aos 150.000 euros. Estará instalada no parque urbano situado fronte ao novo Centro de Saúde de O Couto

O Concello de Ourense entregou á Xunta de Galicia o seu proxecto para un novo skatepark na nosa cidade e que se vai materializar a través da súa inclusión na segunda fase do plan de posta en valor da Ponte Vella, que está a realizar a Concellería de Infraestruturas. Trátase dunha nova instalación para a práctica de deportes de skate, patíns en liña, scooter e BMX, que ocupará  unha superficie de 800 metros cadrados no parque urbano entre a Avenida da Ribeira Sacra e a rúa Bispo Lourenzo, fronte ao Centro de Saúde do Couto.

As obras contarán cun orzamento próximo aos 150.000 euros e correrán a cargo da Axencia Galega de Infraestruturas, logo de que o Concello acadase que o seu proxecto se incorporase á segunda fase do proxecto co que a Xunta está a recuperar a contorna da Ponte Romana. Na súa primeira fase impulsouse a recuperación e a nova iluminación do emblemático monumento.

“Este proxecto é un novo exemplo da excelente cooperación e diálogo entre o Concello e o Goberno galego, que nos está permitindo poñer en marcha infraestruturas que están chamadas a marcar un antes e un despois na nosa cidade”. Así o resaltou o alcalde, Jesús Vázquez, nun acto que contou coa presenza da delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, e do concelleiro de Deportes, Mario Guede.

A pista que se construirá para substituír ás actuais instalacións no exterior do Pavillón de Os Remedios é unha iniciativa impulsada polo Consello Municipal de Deportes para dotar Ourense dunhas novas instalacións para a práctica de deportes urbanos que conten coas máximas garantías para a seguridade dos usuarios.

Durante a súa intervención, o rexedor tamén reivindicou a colaboración de todos os clubs da cidade que practican estas disciplinas deportivas á hora de dar forma ao novo skatepark. “Os seus consellos foron fundamentais á hora de decantarnos por este proxecto”, que foi redactado polo arquitecto Daniel Yabarco, explicou Jesús Vázquez.

Con esta proposta, o Concello aposta por “atraer a nosa xuventude a practicar un deporte cada vez máis en boga” e “ofrecer alternativas de ocio para a xente máis nova”, dixo Jesús Vázquez.

Pola súa banda, a delegada territorial da Xunta explicou que os vindeiros pasos do proxecto consistirán na súa remisión a Axencia Galega de Infraestruturas para “a posta en marcha do proxecto de licitación e de adxudicación das obras”, que terá lugar “nos vindeiros meses”.

As actuais instalacións para a práctica do skate, patíns en liña, scooter e BMX, no exterior do Pavillón de Os Remedios seguirán en funcionamento até a finalización das obras da nova pista.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.