Futbol Gaelico AurienseDestacado Es noticia Futbol gaélico 

El fútbol gaélico retoma la actividad con el Auriense FG como representante ourensano

Comeza a pretempada para o Auriense FG, o único representante de fútbol gaélico da provincia de Ourense.

O equipo masculino, prepara a tempada con dous amistosos contra equipos chamados a disputarlles a clasificación no grupo que da acceso á disputa do título galego. O sábado, desprázase a Lalin, para xogar ás 12 horas contra Herdeiros de Dhais. No último enfrontamento, victoria ourensá na final da Copa Shield disputada en xuño na cidade de A Coruña.

Futbol Gaelico Auriense

O domingo, viaxa ata Vigo, para disputar un encontro contra Keltoi, un dos equipos que máis renovou a súa plantilla e que aspira a meterse tamén no grupo de arriba.

Dous interesantes encontros para valorar a competitividade do equipo, tendo en conta que esta tempada hai 3 equipos novos na competición e que o formato de xogo será moito máis espectacular, 9 contra 9.

Pola parte feminina, o vindeiro fin de semana xogará un amistoso contra o recén creado Turomia de Gondomar no Campo de Universidade.

Noticias relacionadas