remo castrelo 2020Destacado Es noticia Remo 

El Campeonato de España de Larga Distancia y de Selecciones Autonómicas de Remo atrae a Castrelo a un millar de deportistas

  • Do 8 ao 9 de febreiro terá lugar no Parque Náutico de Castrelo de Miño o Campionato de España de Longa Distancia e de Seleccións Autonómicas de Remo e que contarán coa participación de preto dun milleiro de deportistas
  • Os Campionatos de España de Larga Distancia e Seleccións Autonómicas celebraranse a vindeira fin de semana no parque náutico de Galicia.

O parque náutico de Castrelo de Miño acollerá dúas competicións nacionais de Remo, concretamente, os Campionatos de España de Larga Distancia e Seleccións Autonómicas que se disputarán os días 8 e 9 de febreiro. A presentación destes eventos deportivos tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete; a presidenta da Federación Española de Remo, Asunción Loriente; e o alcalde de Castrelo de Miño, Esteban Suárez.

remo castrelo 2020

A Deputación de Ourense colabora con este evento que será un dos «campionatos de máis alto nivel no panorama nacional que reforza a nosa provincia como o escenario ideal para o desenvolvemento destas probas deportivas», destacou Manuel Baltar, quen engadiu que se trata dun dos «acontecementos deportivos máis importantes neste ano 2020 que ten moito que ver con esa condición nosa vencellada á auga».

Tódalas administracións e entidades federativas implicadas na organización deste evento «estamos convencidos da importancia e da centralidade das instalacións de Castrelo de Miño, así como a súa relevancia a nivel nacional e internacional». Neste mesmo sentido, o presidente do goberno provincial adiantou que viñan de manter unha reunión co obxectivo de «darlle estabilidade, programación e planificación ao parque náutico de Castrelo de Miño que no ano 2021 espera acoller unha competición internacional de primeiro nivel como é a Coupe de la Jeunesse».

Manuel Baltar lembrou os esforzos realizados desde a Deputación de Ourense a prol do termalismo deportivo que se demostra ao acoller no noso territorio «ás mellores seleccións do mundo que veñen a prepararse para os campionatos máis esixentes a nivel internacional». Por elo, queremos continuar a apoiar e traballar «nesta liña de crecemento e mellora que proporciona visibilidade, riqueza, xeradora de economía e que, neste caso, nos leva a acoller espectáculos deportivos de primeiro nivel».

Para a Federación Española de Remo «a pista de Castrelo de Miño é estratéxica e hai poucas pistas olímpicas no noso país, así que contar cunha no Norte paréceme fundamental», dixo Asunción Loriente, quen agradeceu o esforzo das institucións para que «sexa unha realidade a Coupe de la Jeunesse o vindeiro ano, porque é o primeiro paso para poñer unha pista no panorama internacional e para poder acceder a outro tipo de competicións».

«Ourense xa é coñecida en todo o mundo do remo porque levan anos a vir seleccións de tódolos países a adestrar ao río Miño que sempre está perfecto para remar. Agora mesmo está a selección británica, a de Alemaña e Bielorrusia», sinalou Asunción Loriente. Neste mesmo sentido, o secretario xeral para o Deporte afirmou que o ano 2019 foi «un ano extraordinario para o deporte pero tamén para o turismo que creceu en Galicia moito máis ca media de España» e no que respecta ao deporte «somos conscientes de que temos un nicho no turismo deportivo que debemos aproveitar».

José Ramón Lete asegurou que acoller estes eventos supón «dar un paso máis por dúas razóns: por poñer en valor unha pista de referencia a nivel internacional e porque isto terá un efecto chamada». Ademais, lembrou que esta fin de semana citaranse en Castrelo de Miño «case 1.000 deportistas nun deporte que cada vez é máis importante porque despois de moitos anos volvemos a ter un olímpico galego en Tokio xa clasificado, Rodrigo Conde, somos a cuarta Comunidade en España en canto a número de licencias, pero a primeira en número de clubs, polo tanto, temos unhas condicións óptimas para continuar a facer unha aposta por esta pista de referencia a nivel internacional».

Pola súa parte, o alcalde de Castrelo de Miño explicou que tralas obras de mellora realizadas no parque náutico de Galicia nos últimos anos, en colaboración coa Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, «dispomos a día de hoxe cun bo campo de regatas para a práctica do remo, así son moitos os clubs que dunha ou doutra disciplina veñen a adestrar e a competir ao noso parque náutico».

O campionato de España de Larga Distancia «que se toma como referencia para formar os equipos nacionais», dixo a presidenta da Federación Española de Remo. Esta será a primeira das competicións que se disputará, comezando o vindeiro sábado, 8 de febreiro, ás 9.00 horas. Trátase dunha proba contrarreloxo en liña sobre unha distancia de 5.500 metros, e onde os deportistas que aspiran a formar parte dos equipos nacionais deben participar para avaliar o seu rendemento actual sobre esa distancia. As categorías son: Absoluto, Xuvenil e Cadete, masculino e feminino. Na pasada edición participaron 315 embarcacións e 407 deportistas.

Pola súa parte, o Campionato de España de Seleccións Autonómicas desenvolverase os días 8 e 9 de febreiro. Comezará a partir das 16.00 horas do día 8 e continuará ao día seguinte de 9.00 ás 13.00 horas coa celebración das semifinais e finais. Este campionato realizarase sobre unha distancia de 1.000 metros, nas mesmas categorías que o anterior. A participación nesta edición será similar á de 2019 que reuniu a 111 embarcacións e 600 deportistas de 9 federacións, unha cifra que será semellante nesta edición, coa participación de deportistas de Galicia, Andalucía, Aragón, Cantabria, Cataluña, Comunidade Valenciana, Navarra, Pais Vasco e Asturias.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.