Futbol Gaelico PraiaDestacado Es noticia Futbol gaélico 

Dous equipos de Auriense FG participaron na V Copa de Gaélico Praia

V Copa de Gaélico Praia

O sábado tivo lugar na Lanzada a V Copa de Gaélico Praia, organizado polo equipo de O Grove Mecos.

O Auriense estivo representado polas Tropas Douradas no cadro masculino e polo Ñu Team no cadro feminino.

As Tropas caeron ante o equipo de Cambados nos cuartos de final mentres que o bloque feminino, formado tamén por 2 xogadoras das Fillas de Breogán (A Coruña) acadaron a vitoria tras unha tanda de penaltis agónica que tivo a toda a praia expectante.

Futbol Gaelico Praia

A partir de mediados de agosto, o equipo ourensá retoma os adestramentos para iniciar unha das Ligas máis igualadas dos últimos anos, tanto na categoría feminina coma masculino.

Noticias relacionadas