Dompavolei 2018Destacado Es noticia Voleibol 

Dompavolei remonta ante Boiro para manterse na loita polo ascenso

Durante este fin de semana o Club Voleibol San Martiño tivo un total de catro encontros nos que tres fóron como visitante

1ª división Autonómica 2-3 (25-16/25-22/24-26/12-25/9-15)

O equipo sénior de 1 división Autonómica o Dompavolei desprazouse á localidade coruñesa de Boiro o domingo á tarde onde quería seguir a súa boa racha para seguir mantendo a loita por estar entre os equipos que acabasen a tempada loitando pola fase de ascenso.

O partido comezou moi igualado onde o equipo local non o ía a poñer nada fácil ao equipo ourensano con boas defensas e non deixando estar en ningún momento ao equipo ourensano nada cómodo nun partido frenético onde os dous primeiros sets foron para o equipo de Boiro. Un terceiro sets moi desputado decantouse finalmente para o equipo ourensano. Isto minou a moral do seu rival e levouse comodamente o 4 set. Estando igualado o encontro o equipo ourensano coa moral crecida logo de remontar o 0-2 non baixou o ritmo e levouse ao seu favor o 5 set.

Con esta vitoria o equipo de Ourense segue na loita de estar entre os 4 mellores para poder ir á fase de ascenso por un 2-3 con parciais de .

Xuvenil 2ª división autonómica

Tamén o equipo xuvenil Dompavolei de 2º división autonómica desprazábase á localidade de Noia, con ganas de recuperar o seu xogo e volver á senda das vitorias. O equipo empezou concentrado pero ante un rival que quería a vitoria e non llo ía a poñer fácil. O encontro seguiu o ritmo do equipo ourensano onde gañou o primeiro set. O segundo set estivo moi igualado ata o final onde o equipo ourensano soubo gañar con vantaxe de dous puntos. Finalmente o equipo ourensano gañou o encontro por un 0-3 con parciais de 19-25//23-25//16-25.

Cadete

O equipo cadete Dompavolei enfrontouse tamén ao equipo de Noia. Ante un rival duro o equipo ourensano deu comezo ao partido ensinando todo o seu xogo sen deixar que o seu rival sentísese cómodo o que levou a un encontro cheo de incerteza. Todo se decidiu nun 5º set moi igualado que por dous erros finais do equipo ourensano levoulles perder o partido.

Finalmente o tanteo foi un 3-2 a favor de Noia con parciais de16-25//24-26//25-17//25-18//15-13.

Infantil 3ª división autonómica

O único partido que se mollou en casa foi o de terceira división autonómica infantil onde o equipo de Ies Allariz enfrontar ao Voleyourense C o equipo de Allariz estaba con moitas baixas por enfermidade ou lesións aínda así comezou o xogo moi igualado pero aos poucos onde nun set onde se puido decantar para un lado ou outro finalmente lévoo o equipo de Allariz, pero a partir de aí o equipo de Allariz comezou con moitos erros perdendo o encontro por un 1-3 con parciais de 25-23// 8-25// 16-25// 11-25. Aínda así depende delas para seguir no segundo posto xogandose todo no ultimo encontro.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario