Doble de derrota de Auriense FG frente al Estrela Vermelha
Liga Galega de Fútbol Gaélico
Auriense Campus da Auga F.G. 1-14 (17) vs 1-21 (24) Estrela Vermelha F.G.
O primeiro en saltar ao terreo de xogo foi o equipo feminino, que neste dobre enfrontamento a Estrela Vermelha auguraba choques intensos e pelexados. Tras unha primeira parte moi igualada, onde cada equipo alternaba momentos por riba do marcador. No segundo tempo o equipo picheleiro asumiu a súa superioridade e impuxo un xogo máis rápido que as nosas xogadoras tentaron en todo momento conter.
Un resultado fai pensar en altos postos na táboa clasificatoria para as do Auriense FS.

Auriense Campus da Auga F.G. 2-7 (13) vs 7-27 (48) Estrela Vermelha F.G.
En contraposición ao encontro desputado polas rapazas o partido do equipo masculino tivo un claro dominador.
Na primeira parte o equipo local amosou unha gran clarividencia en ataque pero o equipo compostelán foi marcando o seu propio ritmo. En consecuencia este tempo remataba xa con certa vantaxe por parte dos visitantes. No segundo tempo, os ourensáns malia todo amosaron algo fundamental, loitar pese calquera circunstancia e así chegaron os goles do encontro e seguiron a tentar atravesar a portería de Estrela.
Próximos enfrontamentos:
Liga Gallaecia:
- Data: 9 de novembro – Afiadoras F.G. VS Condado F.G.. (A Garda)
Liga Galega de Fútbol Gaélico:
- Feminino: 17 de novembro – Auriense Campus da Auga F.G. VS Keltoi F.G.
- Masculino: 17de novembro – Auriense Campus da Auga F.G. VS Keltoi F.G.