Atletismo Destacado Es noticia 

A Deputación de Ourense aproba a creación dunha rede provincial de andainas

Deputacion Provincial de Ourense

 

O Pleno da Deputación de Ourense aprobou na sesión plenaria de hoxe, correspondente ao mes de decembro, crear unha Rede provincial de andainas como instrumento de ordenación e coordinación destas actividades, nunha estratexia definida de fomento do deporte non competitivo e promoción turística que permita a dinamización económica do noso territorio.

A Rede incluirá un calendario de actividades e o pasaporte “AndOU”, co que os camiñantes conseguirán un selo que acredite a súa participación nas diferentes rutas, para optar así a premios que motiven e fidelicen aos participantes. Ademais as rutas que formen parte da rede deben fomentar a educación ambiental e contar con persoal que explique as características naturais por onde discorren as rutas.

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario