Deportistas internacionais compartirán as súas experiencias no deporte feminino profesional
«Visibilización en positivo! Rachando o teito de cristal dende o deporte»
O vindeiro mércores 26 de Xuño celébrase baixo o lema de a «Visibilización en positivo! Rachando o teito de cristal dende o deporte», unha mesa de experiencias na que deportistas internacionais de alto nivel e de diversas modalidades (Mundialistas, olímpicas, internacionais galegas), compartirán as súas experiencias a nivel profesional no deporte feminino. Unha oportunidade para preguntar, debatir, interesarse pola situación actual do deporte feminino a nivel profesional.

Formarán parte desta actividade:
- Vane Sotelo (Fútbol Sala) Xogadora do Alcorcón FSF.. Internacional. Campiona de Europa 2019. Bota de Ouro nos Mundiais de Costa Rica e Guatemala
- Anair Lomba (fútbol) Xogadora do Valencia CF. Ex xogadora do FC Barcelona e RCD Espanyol. Profesional dende o ano 2006
- María Vilas (natación) Olímpica en Río 2016.. Bronce no Campionato de Europa 2016.
- Iria Grandal (tiro con arco) Olímpica Londres 2012. Subcampiona de Europa por equipos 2012
- Alba Rodríguez (Fútbol Gaélico) Xogadora do Auriense F. G.. Internacional. Campiona de Europa 2018 con Galicia.. Campiona Copa Shield 2016
- Yolanda García Sequeiros (Ximnasia Acrobática) Internacional. Campiona de España en diversas categorías. Participante en Campionato do mundo.
A mesa de experiencias terá lugar o vindeiro mércores 26 de Xuño ás 11 horas na Facultade de Ciencias da Educación, na Aula Emilia Pardo Bazán, de 11 horas a 13 horas.O Martes 25, as participantes acudirán tamén ao adestramento do Auriense Campus da Auga, para coñecer o fútbol gaélico, así como a súa modalidade mixta.
«Visibilización en positivo» é organizada polo profesor de Educación Social Dr Millán Brea Castro, e colaboran a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo e a Asociación Universitaria de Ciencias da Educción AUCE.