Debut internacional de Nacho Fernández en Dinamarca
INTERNACIONAL DE PARABÁDMINTON DE DINAMARCA.
Nacho Fernández participou a pasada semana no Internacional de Parabádminton de Dinamarca, que deu comezo o día 14 de outubro na localidade de Odense.

Gran debut a nivel internacional do xogador do Club Athlos, que disputou as modalidades de individual, dobres masculino con Francisco Motero e dobres mixtos coa canadense Yuka Chokyu.
TTR SUB 11- ABSOLUTO 3*
III TROFEO CIDADE DE PONTEVEDRA.
Onte celebrouse no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra o III Trofeo Cidade de Pontevedra onde 19 xogadores representaron ó Club Athlos, acadando un gran número de medallas e demostrando unha moi boa actitude na pista.

- OURO de Sara Ezquerro e Laura Valverde en DF.
- OURO de Antonio Iglesias en DM con Gabi Fernández.
- OURO de Miguel Barbado en IM.
- PRATA de Martín Barbado e Miguel Barbado en DM.
- PRATA de Laura Valverde en DX con Alejandro Rivadulla.
- BRONCE de María Ezquerro e Brais Caride en DX.
- BRONCE de Sara Galicia e María Ezquerro en DF.
- BRONCE de Antonio Iglesias en IM.
- BRONCE de Paula Casas en IF11.
- BRONCE de Teo Fernández en IM11.
- BRONCE de Adrián Seijo e Teo Fernández en DM11.