Debut internacional de Ana Nóvoa en Edegem (Bélgica)
VICTOR JOT U15. EDEGEM (BÉLGICA)
Espectacular debut internacional de Ana Nóvoa en Bélgica, acadando oitavos de final en individual feminino sub 15, e caendo finalmente nesta ronda contra a cabeza de serie número 2 do torneo.
Tamén acada oitavos de final en dobres feminino con Sofía Álvarez do CB As Neves, quedando a un paso de cuartos ó perder nun axustado 3° set por 24 a 22.
Máis que orgullosos do traballo e actitude da nosa xogadora, que loitou cada partido e demostrou o gran nivel no que se atopa.
Moi boa experiencia na que foi a súa primeira convocatoria coa Selección Nacional.
CURSO DE MONITOR DE BÁDMINTON. OURENSE
Durante esta fin de semana organizamos, coa colaboración das nosas adestradoras Nuria Fernández e Marta Iglesias, un novo curso de Monitor de Bádminton en Ourense, con representación de varios clubes galegos.
Por parte do Club Athlos, 7 foron os xogadores e ex-xogadores que participaron no curso.
Agradecer dende o clube a todas as persoas que confiaron en nós para a súa formación e a boa disposición de todos para conseguir tan bo ambiente de traballo, facendo desta fin de semana unha boa experiencia profesional para todos.