Crónica da xornada da Liga Gallaecia e da Liga Galega de Fútbol Gaélico
Afiadoras F.G. 5-13 (28) vs Gróvias 3-5 (14) F.G
Os primeiros en saltar ao céspede artificial foron as Afiadoras F.G. que precisaban dunha vitoria para obtelo pase directo á fase final da Liga.
Así dende o primeiro momento do encontro amosaron unha gran defensa e unha gran presión á portería contraria. Malia todo as Gróvias non ían deixar escapar a vitoria tan facilmente. Así no primeiro tempo os das Burgas remataron xa por diante no marcador.
No segundo tempo apertou moito o equipo de Ourense e permitiu ter un maior acerto de cara aos 5 paus para así ter unha moita maior diferenza.

Turonia F.G. 4-11 (23) vs 3-8 (17) Auriense Campus da Auga F.G
As nosas rapazas tiveron que ir ata as terras do Val Miñor para disputar un partido adiado fronte ao Turonia GFG. Non prometía ser un partido sinxelo indo as ourensás sen cambio algún.
Na primeira parte o choque comezaba a caer para as locais pero as nosas non ían permitilo san facilmente e foron quen de acercarse das de Gondomar pero estas sempre mantiñan aínda que foran unha vantaxe moi xusta.
O segundo tempo foi de infarto dende o comezo con goles dos dous equipos e un gran intercambio de puntos. Ata os 5 últimos minutos a diferenza entre as das Burgas e as de Gondomar era de 2 punto pero unha expulsión dunha xogadora ourensá complicou o xogo e permitiu que o encontro xa fora para as locais.