Ajedrez Destacado Es noticia 

Club Xadrez Ourense empata (3-3) en Ferrol, e manterá a loita polo título nas xornadas finais

Club Xadrez Ourense empata (3-3) en Ferrol, e manterá a loita polo título nas xornadas finais

O Xadrez Verín cae ante o líder, Universidade de Vigo, por 4.5 a 1.5 e deberá loitar pola permanencia

A séptima xornada da Liga Galega de clubs na División de Honra, deparou resultados dispares para os dous conxuntos ourensáns nesta máxima categoría.

O Club Xadrez Ourense viaxaba a Ferrol para enfrentarse a todo un clásico do Xadrez Galego, o sempre potente Círculo Ferrolán. O xoven conxunto ourensán acadou un empate a domicilio 3-3, que tal vez sabe a pouico dado o transcurso das partidas durante as máis de 4 horas de competición en terras departamentais.

Finalmente a impecable victoria de Adrián Gómez sobre o Mestre local, Antonio Pazos, e a do Xoven Martín Gómez Carreño, sumadas aos empates de David Gómez e Yudania Hernández, sumaban os 3 puntos visitantes nesta sempre complicada visita.  A falta de 4 xornadas o Xadrez Ourense tentará sumar os mellores resultados ante os rivais directos da zona alta da táboa, para loitar por un título de Liga 2019, ao que o Universidade de Vigo, se perfila, polo momento, como máximo favorito.

Precisamente o Club Xadrez Verín visitaba terras pontevedresas para enfrentarse ao líder, Universidade de Vigo,  malia a derrota final por 4.5 a 1.5 os verinenses suman puntos que poden ser importantes na súa loita por manter a máxima categoría. Os puntos dos verinenses chegaron de mans de David Lariño (táboas) e de Luis Galego. O Xadrez Verín deberá apurar as súas posibilidades con marcadores favorables nas 4 últimas xornadas, para alcanzar o seu obxectivo, a permanencia na máxima categoría.

Xa dentro da Primeira División autonómica (Grupo Sur), O Liceo mantén o liderato grazas a súa victoria ante o colista, Villa de Bouzas, por un folgado 0.5 a3.5, mentres que no derbi provincial o Benchoshey Sénior cedía no seu propio feudo ante o Xadrez Ourense “B” por 1.5 a 2.5. Pola súa parte o Universitario de Ourense era superado polo Marcote de Mondariz por 3 a 1, mentres que o conxunto máis xoven da categoría, o Xadrez Ourense “C” caía por idéntico en Marín, (3-1).

No referente á Segunda División autonómica (Grupo surleste), O Xadrez Valdeorras superaba ao Xadrez Celanova, por un rotundo 4-0, goleada que consolida aos do Barco como máis líderes, mentres que no derbi provincial o Benchoshey Fischer cedía no seu propio feudo ante o Xadrez Ourense “E” por 1.5 a 2.5.. O Universitario de Ourense empataba en terras de Monforte (2-2) e o Ateneo de Ourense e o Xadrez Bande, conseguían sendas “goleadas” ao superar pola “máxima”, (4-0), ao Xadrez Lalín e Xadrez Tui, respectivamente.

E xa dentro do grupo da Terceira División (no que militan os conxuntos ourensáns), e no que a éstes se refire, os resultados foron os seguintes: Xadrez Verín “C” vs. Liceo de Ourense “B” (0.5 – 3.5), Xadrez Verín “B” vs. Xadrez Celanova “B” (0-4), , Benchoshey Lásker vs. Xadrez Ourense “D” (1 – 3

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: