Club Athlos Segunda DivisionBádminton Destacado Es noticia 

Club Athlos afronta a Segunda División de bádminton coa Primeira como obxectivo

LIGA NACIONAL 2ª DIVISIÓN

O Club Athlos presentou ó equipo que participará este ano na liga nacional de 2ª división de Galicia. O obxectivo non é outro que alcanzar a participación na fase de ascenso a Primeira Nacional que se celebrará en Tenerife os días 14 e 15 de marzo.

A principal novidade son ás incorporacións ao club de Cris González e Javi Álava, procedentes do Ravachol Pontevedra e Club del Mar San Amaro respectivamente. Ambos serán de gran axuda para loitar polo obxectivo do club.

Cris e Javi completan un equipo formado polos seguintes xogadores: Sara Ezquerro, Martín Barbado, Sara Galicia, Luis Ángel Veloso, Laura Valverde, Antonio Iglesias, Ana Nóvoa e Martín Iglesias.

Club Athlos Segunda Division

Gran equipo que seguro dará moitas alegrías ó bádminton ourensá nos vindeiros anos.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: