Destacado Es noticia Remo 

Castrelo de Miño acolle os campionatos de España de remo de Larga Distancia e Seleccións Autonómicas

  •  Os vindeiros 8 e 9 de febreiro no Parque Náutico de CastrelCo de Miño

Campionatos de España de remo de Larga Distancia e Seleccións Autonómicas

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial á presidenta da Federación española de Remo, Asunción Loriente, e ao seu homólogo galego, José Manuel Seijas, con quen analizou os detalles do evento máis importante do remo nacional, que os vindeiros 8 e 9 de febreiro terá á provincia de Ourense como protagonista, coa celebración no Parque Náutico de Castrelo de Miño dos campionatos de remo de Larga Distancia e de Seleccións Autonómicas.

«Trátase duns campionatos ao máis alto nivel no panorama nacional –afirma Baltar-, e isto reforza á nosa provincia como un escenario ideal para o desenvolvemento destas probas deportivas, tanto polas magníficas infraestruturas coas que contamos como pola calidade natural da lámina de auga no embalse de Castrelo de Miño, unha das mellores do mundo».

O presidente da Deputación destacou a relevancia que a provincia de Ourense ten, sinaladamente, nos deporte de auga: remo e piragüismo, «e neste sentido seguimos a traballar co programa de termalismo deportivo que impulsa o goberno provincial, e que fixo posible que nos últimos anos seleccións de diferentes países viñesen a Ourense a preparar campionatos do mundo e olimpíadas, con excelentes resultados acadados tralos períodos de preparación que levaron a cabo os deportistas na nosa provincia».

Campionato de España de Larga Distancia

O campionato de España de Larga Distancia será a primeira das competicións que se disputará. Comezará o sábado 8 de febreiro, ás 9.00 horas. Trátase dunha proba contrarreloxo en liña sobre unha distancia de 5.500 metros, e onde os deportistas que aspiran a formar parte dos equipos nacionais deben participar para avaliar o seu rendemento actual sobre esa distancia. As categorías son: Absoluto, Xuvenil e Cadete, masculino e feminino. Na pasada edición participaron 315 embarcacións e 407 deportistas.

Campionato de España de Seleccións Autonómicas

Polo que atinxe ao Campionato de España de Seleccións Autonómicas, desenvolverase o mesmo día 8, a partires das 16.00 horas, e na mañá do domingo 9 de febreiro, entre as 9.00 e as 13.00 horas, coa disputa das semifinais e finais. Este campionato realizarase sobre unha distancia de 1.000 metros, nas mesmas categorías que o anterior. Na edición de 2019 participaron 111 embarcacións e 600 deportistas de 9 federacións, unha cifra que será semellante nesta edición, coa participación de deportistas de Galicia, Andalucía, Aragón, Cantabria, Cataluña, Comunidade Valenciana, Navarra, Pais Vasco e Asturias.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: