Bádminton Destacado Es noticia 

Buenos resultados para Athlos en A Estrada como antesala del Nacional

TTR SUB 11-ABSOLUTO. A ESTRADA

Último TTR sub 11 – absoluto antes do Campionato de España que se celebrará en Pontevedra os días 10, 11 e 12 de maio.

RESULTADOS

– OURO de Sara Galicia en IF.
– PRATA de Miguel Barbado en IM.
– PRATA de Sara Ezquerro e Laura Valverde en DF.
– PRATA de Gael Rguez en IM11.
– BRONCE de Emma Pedrera en IF11.
– BRONCE de Martina Llamas e Beatriz López en Dobres11.

Próxima semana Máster Nacional de Valencia para Sara Ezquerro, Laura Valverde e Miguel Barbado.

CIRCUITO NACIONAL SÉNIOR. LLANES

Mercedes Fernández proclamouse campioa en IFC1 e subcampioa en DF B1 no último Circuito Sénior previo ó Campionato de España que se disputa en Palma de Mallorca os días 03, 04 e 05 de maio.

FASE LOCAL BÁDMINTON+

Durante a mañá de hoxe celebrouse a Fase Local da competición escolar por equipos do programa Bádminton+ da Federación Española Bádminton

Participaron un total de 8 equipos dos colexios CPR Vila do Arenteiro, CPR María Auxiliadora (Salesianos), CPR Guillelme Brown, CEIP Mestre Vide.

Boa mañá de bádminton e gran ambiente que finaliza co Mestre Vide «A» como gañador e futuro representante de Ourense na Fase Autonómica.

RESULTADOS

– OURO: Mestre Vide «A».
– PRATA: Mestre Vide «B».
– BRONCE: CPR Guillelme Brown.

CONCENTRACIÓN INTERTERRITORIAL SBC

Ana Nóvoa viaxou a Santander xunto a Pablo Méndez (coordinador territorial) e outros 6 xogadores galegos para participar na Concentración Interterritorial do programa de tecnificación da Federación Española de Bádminton «Se Busca Campeón». Acada o Grip Vermello.

Noticias relacionadas

A %d blogueros les gusta esto: