Destacado Es noticia Futbol 

Bernardino González vicepresidente do Comité Técnico de Árbitros da RFEF

A súa responsilidade será a Coordinación Interterritorial e Relacións Institucionais

RFEF – Vicepresidente do CTA Nacional

O presidente do comité galego de árbitros, Bernardino González Vázquez, foi nomeado no día de hoxe Vicepresidente do Comité Técnico de Arbitros Nacional como responsable da Coordinación Interterritorial e Relacións Institucionais.

O Presidente da Real Federación Española de Fútbol Luis Rubiales, a proposta do Presidente do CTA, Carlos Velasco Carballo, foi o encargado de nomear a González Vázquez como membro destacado do novo proxecto na estructura do comité técnico de árbitros nacional.

A COMPOSICIÓN DO COMITÉ TÉCNICO DE ÁRBITROS QUEDA DO SEGUINTE XEITO:

O Comité Técnico de Árbitros está composto polo Presidente, Tres Vicepresidentes
e o Adxunto á Presidencia.

  • Presidente: D. CARLOS VELASCO CARBALLO
  • Adxunto á Presidencia: D. ANTONIO RUBINOS PÉREZ
  • Vicepresidente (Económico): D. XAVIER MORENO DELGADO
  • Vicepresidente (Coordinación Interterritorial e Relacións Institucionais): D. BERNARDINO GONZÁLEZ VÁZQUEZ
  • Vicepresidente (Formación e Desenvolvemento): D. DAVID FERNÁNDEZ BORBALÁN

Noticia: futgal.es

Noticias relacionadas

Escribe tu comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.