Futbol Gaelico AurienseDestacado Escalada Futbol gaélico 

Auriense FG comeza os adestramentos cunha sesión de libre participación (xoves 20 a 22h)

ADESTRAMENTO LIBRE DE FUTBOL GAÉLICO

Comeza a pretempada para o único club de fútbol gaélico da provincia de Ourense. Mañá xoves, de 20 a 22 horas no campo anexo de Oira, o Auriense FG Campus da Auga comeza os adestramentos da tempada 2019-2020 tanto para os seus equipos feminino, masculino como o mixto. 

Ademais, convida a todas as persoas interesadas en coñecer e probar este deporte e a participar neste adestramento de iniciación.Nos últimos anos, o fútbol gaélico tivo un crecemento mediático moi relevante en Galicia, e o equipo do Auriense vén de facer varias temporadas a un nivel deportivo alto, tendo ademais, a única escola universitaria de galicia.

Noticias relacionadas