Auriense FG afronta no Campus unha nova xornada da Liga Galega de Fútbol Gaélico
O sábado o equipo ourensán das Afiadoras F.G. terá un novo partido en Cangas contra o recén estreado Berobreo F.G. na Liga Gallaecia.
Por outra parte do lado da Liga Galega de Fútbol Gaélico, haberá o domingo dous partidos do Auriense Campus da Auga F.G. no campo de rugbi do Campus de Ourense. As rapazas do Auriense xogarán o seu primeiro partido da segunda volta do campionato fronte as Herdeiras de Dhais, e os rapaces xogarán o seu último partido da primeira volta contra o equipo arousán, Dorna F.G