Auriense FG femeninoDestacado Es noticia Futbol gaélico 

Auriense F.G. se enfrentó a Turonia y Keltoi en partidos de pretemporada

Tarde de gaélico no campo de Universidade, cos amistosos xogados polas escadras masculina e feminina do Auriense FG

Auriense masculino 26 (04-16) – Turonia 7 (00-07)

Ás 17 h abrían a xornada os rapaces, coa visita dun dos equipos debutantes na Liga: o Turonia de Gondomar. Cun primeiro tempo xa dominado polos locais pero con igualdade no marcador, no segundo parcial 4 goles marcados en apenas 10 minutos romperon definitivamente o encontro e deron a victoria aos ourensáns, nun partido que aproveitaron para adaptarse á competición, que este ano presenta formato 9 para 9. Ao final: Auriense 26 (04-16) – Turonia 7 (00-07).

Auriense FG femenino

Auriense feminino 06-01 (19) – Keltoi Vigo 3-13 (22)

Posteriormente, xogouse un encontro entre o Auriense feminino e o renovado equipo do Keltoi de Vigo. Cunha primeira parte dominada polas viguesas, o segundo parcial estivo moi igualado, ainda que decantándose finalmente do bando visitante, Un partido moi dinámico con constantes alternativas e que deixa entrever a igualdade que este ano terá a liga galega feminina.

SEMANA DE PROMOCIÓN DO GAÉLICO

Recordamos que este semana que comeza, o club Auriense GAELS organiza as IV Xornadas de Gaélico do Campus de Ourense. Hoxe instalarase unha mesa informativa no Edificio de Ferro e, a partir das 21 horas, adestramento aberto para quen queira probar o deporte.

COMEZO DE LIGA

O equipo masculino comeza a Liga visitando aos Ártabros de A Coruña a fin de semana.

Noticias relacionadas