Auriense Campus da Agua FGDestacado Es noticia Futbol gaélico 

Auriense F.G. retomou a Liga Galega de Gaélico con triunfo do masculino e derrota do feminino

Esta fin de semana deparounos unha nova xornada da Liga Galega de Fútbol Gaélico onde tiñamos partidos tanto feminino coma masculino.

Auriense Campus da Auga F.G. 7-14 (35) vs 4-16 (28) Cambados F.G.

Os nosos rapaces foron os primeiros en desputar o seu encontro. Para iso foron ata Cambados para xogar o seu penúltimo partido da 1ª volta.O partido comezou costa arriba para os nosos, encaixando nos primeiros minutos 3 goles. Malia un mal comezo tentaron ir solucionado os erros e foron remontando aos poucos, rematando o primeiro período cunha diferenza de 8 puntos. No segundo tempo o conto cambiaría e os nosos xogadores amosarían o seu xogo máis directo e remontarían e remataron o partido con certa diferenza respecto ao equipo local.

Auriense Campus da Agua FG

Estrela Vermelha F.G. 3-21 (30) vs Auriense Campus da Auga F.G. 3-4 (13)

Pola contra as rapazas tocoulle desprazarse ata a capital do país para afrontarse a Estrela Vermelha F.G.. Un choque que prometía polo gran nivel de xogo que ámbalas escuadras estaban a amosar. Ao longo da tempada. Nun inicio de partido, marcado polo gran acerto do equipo local as nosas xogadoras tardaron en meterse no partido o que fixo que o primeiro tempo do encontro as gañaran as xogadoras picheleiras. Mentres que no segundo período as nosas rapazas amosaron o seu bo xogo que as caracteriza. Malia todo, as rapazas a pesares a teren gañado o segundo tempo quedaron abaixo no marcador.

A vindeira xornada teremos un doblete na cidade das Burgas cos encontros de Auriense Campus da Auga F.G. vs Herdeiras de Dhais F.G. e Auriense Campus da Auga F.G. vs Dorna F.G.

Ademáis o equipo da Liga Gallaecia Afiadoras F.G. xogará en Cangas o sábado próximo fronte ao Berobreo F.G..

Noticias relacionadas