Auriense F.G. recibe a visita do Cambados F.G na terceira xornada de fútbol gaélico
Terceira xornada da Liga Galega de Fútbol Gaélico na categoría masculina
Chega a terceira xornada, e o único representante da provincia, o Auriense F.G., recibe a visita do Cambados F.G..
O domingo, ás 16:30 no Campo da Universidade, o equipo ourensán agarda continuar coa boa xeira de resultados, e sumar a terceira victoria consecutiva ante un rival que chega na clasificación nos últimos postos, e con numerosas baixas respecto ao ano pasado.
De novo, unha oportunidade para traballar a táctica e mellorar o aspecto físico, agardando os vindeiros choques xa contra rivais da parte alta da táboa, onde mediremos as aspiracións do Auriense na tempada 2018-2019.