Auriense Campus da Auga volve de Lalín con dúas vitorias
Herdeiros de Dhais 3-14 (23) – 5-13 (28) Auriense Campus da Auga F.G.
Os primeiros en saltar ao terreo do Manuel Anxo Cortizo foron os nosos rapaces, que comezaron dende os primeiros momentos a presionar a portería contraria con acerto, despois de momentos de igualdade nos marcadores os nosos xogadores foron separarándose dos Herdeiros de Dhais para rematar na 1ª parte con 11-17 para os nosos.
A segunda parte sería un tempo de infarto, onde o equipo local soubo remontar sen deixar de loitar en ningún momento póndose por riba no marcador pero os nosos xogadores, non baixaron os brazos e fixeron o último esforzo para gañar cun Herdeiros de Dhais 3-14 (23) vs 5-13 (28) Auriense Campus da Auga F.G.

Herdeiras de Dhais F.G. 2-10(16) – 3-10(19) Auriense Campus da Auga F.G.
Despois tocáballe o turno as nosas rapazas que tamén comezaron impondo o seu ritmo e amosando que viñan a pelexalo todo así a 1ª parte foi moi desputada, como sería todo o encontro, no primeiro tempo rematarían por riba das locais cun 6-8 a favor das nosas.
No segundo tempo o equipo do Deza tentaría impoñer o seu ritmo e chegaría a poñerse por diante do marcador pero isto non fixo que as das Burgas deixaran de pelexar en todo momento para empatar e poñerse por diante cun final de partido de infarto. Así o resultado final foi de, Herdeiras de Dhais F.G. 2-10(16) vs 3-10(19) Auriense Campus da Auga F.G.